Consello escolar

Constituída e reunida a xunta electoral que rexerá o proceso de renovación parcial dos representantes de alumnos e profesores no consello escolar do CMUS de Carballo o día 28 de outubro do 2021 na aula telecentro, acordamos aprobar o seguinte calendario de actuacións:  

  • 28/10/2021 Constitución da xunta electoral formada por Cristina Castiñeiras Brandón, Mario Seoane Blanco, Laura Vila Leis, Mar Eirís Villar e presidida por Javier Bardanca Castro.
  • Publicación dos censos de alumnos e profesores (en cumprimento da lei de protección de datos, os censos non estarán expostos no tableiro nin na web. A consulta do censo poderá ser realizada a través de calquera membro da xunta directiva.
  • 29/10/2021 Comezo do prazo de presentación de candidaturas e reclamación de censos ante o presidente da xunta electoral.
  • 05/11/2021 Remate do prazo de presentación de candidaturas e reclamación de censos.
  • 08/11/2021 Proclamación das candidaturas e aprobación dos censos. Sorteo da mesa electoral.
  • 09/11/2021 Comezo das campañas. Publicación de circular informativa e envío das citacións para constituir a mesa electoral.
  • 24/11/2021 Votacións para elixir aos representantes de alumnos e profesores no consello.
  • 25/11/2021 Proclamación dos novos representantes de alumnos e profesores no consello.
  • 01/12/2021 Constitución do novo consello escolar do Cmus de Carballo.

Membros do Consello Escolar a renovar

  • Representantes dos pais/titores: 1 membro por designación directa do ANPA do conservatorio.
  • Representantes do alumnado: 1 membro, preferentemente alumno do Grao Profesional.
  • Representantes do profesorado: 1 membro

Integrantes da Xunta Electoral

O director (presidente), a concelleira de educación, un pai/titor, un alumno e un profesor.
Os tres últimos serán designados no sorteo público do día 21 de outubro.

Descargas

Compartir: