Banda Municipal de Música

Banda Municipal de Música de Carballo

Banda Municipal de Música de Carballo

A Banda Municipal de Música de Carballo iniciou a súa andaina no ano 1984, dirixida por Vicente Pérez Planells. Dous anos despois cedería o testemuño a José Barros Sada para recuperalo no 1996 ata a súa xubilación, vinte anos despois. No 2017 asumiu a dirección Rafael Espido Lata e desde o 2021 a agrupación está dirixida polo carballés Javier Bardanca, profesor de trompeta do CMUS Profesional de Música de Carballo e actual director do centro.

Dende a súa creación, a Banda Municipal de Música de Carballo realizou actuacións por toda Galicia e gravacións para a Radio Galega, ademais de editar no ano 1999 un disco con temas e estilos moi diversos. No ano 2000 gañou o concurso de Xoves Intérpretes da Xunta de Galicia cun concerto que se recolle nun disco publicado pola propia Xunta. Tamén gravou un disco no programa Outra+Outra 2006 da fundación Paideia e co patrocinio da Deputación da Coruña.

Nesta agrupación formáronse moitos dos músicos que hoxe en dia forman parte profesionalmente das grandes orquestras de Galicia, conservatorios e centros educativos. Na actualidade a agrupación está integrada por cerca corenta novos/as músicos/as da canteira do CMUS.

Ligazóns

Compartir: