O festival das artes inclusivas Diversidarte trae a música a Carballo
Domingo 26 de marzo do 2023 18.00 horas - Pazo da Cultura

O festival das artes inclusivas Diversidarte, unha iniciativa da Asociación Poten100mos que dende o ano 2016 leva apoiado a máis de 400 artistas en diferentes situacións de vulnerabilidade, chega ao Pazo da Cultura coa colaboración do Conservatorio Profesional de Música (CMUS) do Concello de Carballo.
O domingo 26 de marzo gozaremos no auditorio das actuacións de Ensemble SuperArte e Coro Infantil do proxecto inclusivo do Conservatorio Profesional de Música da Coruña. A actuación está aberta a todo o público ata completar capacidade.
A Asociación Poten100mos é unha organización sen ánimo de lucro que traballa polo desenvolvemento personal e a inclusión das persoas en situación de vulnerabilidade, desenvolvendo actividades dirixidas á súa integración e participación dentro da comunidade cun carácter innovador e eficaz.