Xuntanza en Vilela para rematar co proceso de constitución dos Consellos Parroquiais

Venres 2 de decembro do 2016 Escola de Vilela - 20.30 h.

Consellos Parroquiais

A antiga Escola de Vilela acolle a última xuntanza informativa á que están convidados todos os veciños e veciñas da parroquia, así como integrantes e representantes das asociacións para rematar así o proceso de constitución dos Consellos Parroquiais.

O obxectivo da creación destes organismos é que a veciñanza adquira un papel cada vez máis activo na toma de decisións, creando deste xeito un sentimento de corresponsabilidade na definición das políticas públicas, así como crear unha canle de comunicación directa do Concello e o goberno municipal.

A cita, a partir das 20.30 horas.

Compartir: