Inicio Áreas Cultura Axenda "Cantar e bailar para ser...

"Cantar e bailar para ser máis feliz", con María Fumaça

Xoves 28 de decembro do 2023 18.00 horas - Pazo da Cultura

María Fumaça é un espectáculo musical moi especial e que nace dun dos libro-discos máis sorprendentes de todos cantos se teñen publicado na nosa lingua nos últimos anos. Por moitos motivos. Por exemplo, pola nómina enorme de xentes da música galega que se uniron para cantar máis de vinte temas (cos seus correspondentes videos e caraoque) para celebrar a alegría de vivir. Porque é unha defensa da vida fronte a discapacidade, que pode estar nos corpos pero nunca nas almas que queren gozar.

O proxecto María Fumaça gravita arredor de Ruí, un cativo moi especial para quen os seus amigos músicos quixeron crear un libro-disco-dvd cheo de propostas pegadizas e tonadas marabillosas.

O espectáculo está pensado para que se cumpra o lema co preside todo o proxecto María Fumaça: cantar e bailar para ser máis feliz.

Os membros da familia María Fumaça son do máis sobranceiro da nosa música e do noso teatro: Uxía, Magín Blanco, Sergio Tannus, Serginho Sales, Carlos Blanco, Isaac Palacín, Tanxarina Teatro…

Xuntos argallan un espectáculo divertidísimo no que a música, a luz e as situacións cómicas teñen un gran protagonismo e nos que o público, cantando e bailando con sinxelas coreografías e tonadas, participará moi activamente.

Duración: 70 minutos
Público familiar
Prezo: 4€ ordinario / 3€ reducido
Organiza Concellaría de Cultura / Colabora Deputación da Coruña

Venda de entradas:

  • Na billeteira electrónica de www.carballo.gal a partir do luns 11 (máximo 4)
  • Na billeteira do Pazo da Cultura o mesmo día da función desde 90 minutos antes do inicio da función

Compartir: