Inicio Áreas Cultura Axenda Paco Nogueiras, na Praia dos Libros

Paco Nogueiras, na Praia dos Libros

Xoves 24 de agosto do 2023 13.00 horas - Praia de Razo

O 24 de agosto teremos na Praia dos Libros a Paco Nogueiras presentando o seu espectáculo “C@nto contigo”, no que a música, o baile e as risas farán que saquemos a nosa lingua para voar, achegando o galego á xente miúda e ás súas familias de maneira lúdica e divertida. Retrousos e cancións para participar activamente, bailando sen complexos, acompañando coa voz, coas palmas ou con acenos.

Un percorrido por cancións da súa traxectoria percorrendo un amplo abanico de estilos musicais, desde o techno ao rock, aínda que sen esquecer as influencias tradicionais.

Este espectáculo de peche da Praia dos Libros convértese así nunha oportunidade de cantar con amigos e amigas nun concerto onde a música e o humor transformará a praia de Razo nunha festa moi especial onde ti es protagonista.Non perdades esta cita e vide ata a praia, o acceso é libre.

Actividade ofrecida en colaboración coa Deputación da Coruña.

Esperámosvos!

Compartir: