Inicio Áreas Cultura Axenda Berto en concerto co seu novo disco

Berto en concerto co seu novo disco

Venres 11 de agosto do 2023 22.30 horas - Rúa Coruña

O proxecto BERTO nace en decembro de 2021 da man de Alberto Mira, músico, productor e compositor pontevedrés. 

En novembro de 2022 estrea Sinto, o proxecto que vai presentar en Carballo. Trece cancións que te lanzan directo á pista de baile. Trece cortes pop que van desde a electrónica ao trap, pasando polo post punk, o RnB e o synth pop. Himnos bailables e vitalistas que nos falan do día a día, da amizade, do amor e da perda.

BERTO é tamén productor musical e colaborou cunha gran cantidade de artistas dunha nova fornada do pop electrónico galego, coma poden ser Fillas de Cassandra, Mondra, Hydn, Rivadulla, Nia twee ou Maiko Leinad.

Concerto incluído na programación do Verán Cultural, coa colaboración da Deputación da Coruña.

Vídeos

Compartir: