Inicio Áreas Cultura Axenda Proxección de "Sica"...

Proxección de "Sica" nas Noites de Cine

Mércores 16 de agosto do 2023 22.00 horas - Praza do Concello

Nova proxección das Noites de Cine, esta semana na Praza do Concello.

Argumento: Sica está obsesionada con que o mar devolva o corpo do seu pai tras un naufraxio na Costa da Morte. Mentres percorre os cantís coñece a Suso, o Cazatormentas, un mozo raro como ela que espera a chegada de Ofelia, a nai de todas as tormentas. Sica investiga as circunstancias do accidente e penétrase nunha dolorosa viaxe de descubrimento. Aos seus ollos, o pobo mariñeiro onde ela creceu, marcado pola brutalidade do seu océano e o crecente desequilibrio da Natureza, xamais volverá ser o mesmo.

Película recomendada para maiores de 7 anos.

Vídeos

Compartir: