Inicio Áreas Cultura Axenda Festa infantil de disfraces

Festa infantil de disfraces

Sábado 25 de febreiro do 2023 17.15 horas - Casino 1889

En plena celebración do Entroido, o Casino tamén se une á festa cun baile infantil de disfraces, que contará coa actuación estelar do Home Árbore (Anxo Moure) e, ademais, cunha merenda a base de chocolate quente e doces típicos destas datas. Aínda que cada un pode ir disfrazado do que queira, dende a organización queren promover a temática da natureza, en consonancia co Home Árbore.

Entrada de balde, ata completar aforo. Máximo 1 adulto por neno/a.
É necesario reservar praza no enderezo electrónico casino1889@gmail.com

Compartir: