Inicio Áreas Cultura Axenda Be Water!, o novo discurshow de Vicente...

Be Water!, o novo discurshow de Vicente Mohedano, chega a Carballo

Xoves 17 de outubro do 2019 18:00 horas - Biblioteca Rego da Balsa

Contemplando a Terra desde a Estación Espacial Internacional (EEI) descobres que todo o que viviches, todo o que somos... foi aí, nesa humilde esfera húmida enfeitada de mares e nubes. É precisamente esa humidade o que a fai especial: é a auga brincando a ser mar, a ser río, a ser nube, a que consente o desenvolvemento da vida. Na EEI a agua é un ben precioso. Na Terra tamén!

Be Water é un minishow didáctico para rapaces e rapazas de 7 a 12 anos no que o público terá un papel fundamental. Recolle o teu convite previamente na Biblioteca Rego da Balsa e vén desfrutar desta nova actividade enmarcada no programa de animación á lectura Ler Conta Moito.

Público: Nenos e nenas de 7 a 12 anos
Entrada: Con convite
Organiza: Concello de Carballo e Ler Conta Moito

Compartir: