Inicio Áreas Cultura Axenda Obradoiro infantil de muralismo con MOU

Obradoiro infantil de muralismo con MOU

Do martes 4 de xuño ata o mércores 5 de xuño do 2019 De 16:00 a 19:30 horas - Rúa Vila de Noia

O Festival Internacional de arte pública Rexenera Fest, chega este ano a Carballo con artistas de primeira fila e unha morea de actividades paralelas, algunhas delas pensadas e deseñadas para os/as máis pequenos/as da casa. Este é o caso do obradoiro de muralismo para nenos e nenas, organizado por primeira vez, e que impartirá MOU, de Mutante Creativo.

O muralista, creador, deseñador gráfico e artífice do mural A Orixe, situado na rúa Fábrica de Carballo, será o encargado de introducir na arte urbana á rapazada con idades comprendidas entre os 10 e os 12 anos. 

Público: nenos e nenas de 10 a 12 anos
Participación: Con inscrición previa
Organiza: Concello de Carballo
Colabora: Deputación da Coruña

Rexenera Fest 2019



Compartir: