Inicio Áreas Cultura Axenda O mago Antón pechará a...

O mago Antón pechará a Semana do Libro e a Lectura con "Maxia para soñar e voar"

Venres 12 de abril do 2019 18:00 e 19:00 horas - Biblioteca Rego da Balsa

A XIV Semana do Libro e a Lectura despedirase, ou máis ben desaparecerá, por arte de maxia. O Mago Antón será o encargado de conducir un espectáculo de ilusionismo que deixará coa boca aberta a nenos/as e adultos nas dúas funcións que ofrecerá na biblioteca Rego da Balsa.

Todos os/as participantes terán a oportunidade de ver aparecer landras, amorodos, lóstregos, bolboretas e moitas, moitas vasoiras para que todos/as poidamos voar coa maxia deste extraordinario ilusionista, capaz de sorprender por igual ao público de calquera idade.  

Público: Infantil e familiar
Entrada: Libre e de balde (recoméndase recoller convite na biblioteca)
Organiza: Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ASPG) e Concello de Carballo
Patrocina: Fundación Luís Calvo Sanz

Compartir: