Inicio Áreas Cultura Axenda Teatro, música e danza coa...

Teatro, música e danza coa compañía Ghazafelhos e "a máquina do tempo"

Xoves 11 de abril do 2019 18:00 horas - Biblioteca Rego da Balsa

A compañía Teatro Ghazafelhos regresa a Carballo con "A máquina do tempo", un espectáculo que conxuga música, teatro e danza para ofrecernos unha sorprendente e moi divertida viaxe pola historia da humanidade, a través de todas as civilizacións.

Sinopse:
A doutora Mo e o seu axudante Pe logran construír unha máquina do tempo coa que nos amosarán a verdadeira historia das civilizacións mandando a Pe e a "algún voluntario ou voluntaria" a distintas épocas da nosa historia. Queres ser ti un/ha deles/as? Pois non te perdas esta proposta que nos achega a XIV Semana do Libro e Lectura. E non esuqezas recoller o teu convite uns días antes na biblioteca.

Público: Infantil e familiar
Entrada: Libre e de balde (recoméndase recoller convite na biblioteca)
Organiza: Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ASPG) e Concello de Carballo
Patrocina: Fundación Luís Calvo Sanz

Compartir: