Inicio Áreas Cultura Axenda Lois Pérez presenta...

Lois Pérez presenta "Historias da fronteira"

Venres 5 de outubro do 2018 21:00 horas - Cervexaría Ágora

Lois Pérez será o encargado de abrir a segunda entrega da Rúa dos Contos con Historias da fronteira, un divertidísimo monólogo que porá en escena para facernos entender que a fronteira é un lugar especialmente interesante para contar historias. A liña entre a vida e a morte, entre o humor e a traxedia, o fantástico e o real, a transgresión do legal, a vida propia e as vidas alleas... Un espectáculo sen fronteiras que ten un pé no humor e outro na tradición oral, pero tamén na gargallada, na literatura e nas historias da Raia mollada, e da seca!

Lois Pérez é un contrabandista de historias e narrador oral, humorista, cronista de rock and roll, poeta e dramaturgo. Os seus comezos foron subido a unha caixa de cervexas e, dende entón, ten actuado en institutos, universidades, presentacións de novelas, teatros, cárceres, museos, feiras do libro, bares e, a partir desta semana, nunha rúa con oitos contos. Se queres rir a fartar, non o podes perder.

Público: + 18 anos
Entrada: De balde

Programación FIOT 2018

Compartir: