Inicio Áreas Cultura Axenda Manuel Rivas chega á Praza dos...

Manuel Rivas chega á Praza dos Libros con "Contra todo isto"

Venres 6 de xullo do 2018 Ás 21:00 horas - Xardín Municipal

"Este é un libro que non invita á fuxida, senón a correr cos brazos abertos cara ao mundo, cando o sentimento de vergoña abre paso a unha saudade rebelde, a unha loita para arrincar a esperanza dos brazos do conformismo", así resume o escritor Manuel Rivas o seu último libro Contra todo isto. Un manifesto rebelde (ed.Xerais), co que o autor volve ao pensamento político e que el mesmo presentará este venres 6 na Praza dos Libros de Carballo. O acto estará conducido pola xornalista Verónica Couto.

Compartir: