Pakolas en concerto

Venres 6 de xullo do 2018 Ás 18:30 horas - Xardín Municipal

Pakolas é un espectáculo de música infantil para compartir en familia e desfrutar dunha tarde de risas e bo humor. A través do rock e outros estilos musicais, que entusiasmarán aos máis pequenos/as, Paco Cerdeira ofrecerá un concerto-presentación do libro-disco do mesmo nome, editado por Galaxia, cun amplo repertorio de temas adaptados aos gustos do público máis esixente.

Organiza: Concellería de Cultura
Colabora: Apego e Servizo Normalización Lingüística 

Compartir: