Inicio Áreas Cultura Axenda Un libro sobre a historia do Pazo de...

Un libro sobre a historia do Pazo de Meirás pecha o Ciclo de Presentacións Literarias do Día do Libro

Sábado 21 de abril do 2018 Ás 12:00 horas - Biblioteca Rego da Balsa

O libro "Meirás, un pazo, un caudillo, un expolio" centra o terceiro e último encontro literario programado polo Concello de Carballo, dentro do Ciclo de Presentacións Literarias co que se conmemora o Día do Libro. Os seus autores, Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo, ambos veciños do Concello de Sada onde se atopa a propiedade, achegarán aos asistentes a verdadeira historia da residencia veraniega da familia Franco e o arduo labor de investigación levado a cabo durante anos de estudo e consulta de arquivos. Unha oportunidade única para coñecer, de primeira man, o devir dos acontecementos e debater cos seus protagonistas.  

O acto será de balde e aberto ao público en xeral.

Compartir: