Inicio Áreas Cultura Axenda Eduardo Estévez presenta o seu...

Eduardo Estévez presenta o seu poemario "De Baleas"

Venres 20 de abril do 2018 Ás 19:00 horas - Biblioteca Rego da Balsa

A segunda xornada do Ciclo de Presentacións Literarias, organizado polo Concello de Carballo con motivo do Día do Libro, chega da man do poemario "De Baleas", o novo traballo de Eduardo Estévez, publicado pola editorial malpicá Caldeiron. Trátase dunha edición especial que inclúe, xunto co libro, un caderno cun cómic e un CD con músicas de baleas. No encontro será de balde e aberto ao público en xeral.

Compartir: