Inicio Áreas Cultura Axenda Soul e literatura para o alumnado dos...

Soul e literatura para o alumnado dos IES de Carballo con Iria Mejuto

Luns 16 de abril do 2018 11:30 horas - Biblioteca Rego da Balsa

Este mes, dentro do programa Ler conta moito, temos unha actividade dirixida aos alumnos e alumnas dos institutos carballeses, na que poderán traballar aspectos artísticos moi interesantes dentro dun espectáculo didáctico que leva por título Soul e literatura, un paseo-entre liñas-pola música negra. Un cuidado repertorio, interpretado pola coruñesa Iria Mejuto, para sorprendernos cunha viaxe polas melodías do soul. Unha oportunidade única para gozar dunha sesión de mestura entre a música negra e a literatura.

Compartir: