Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Alcaldía

Saúda do alcalde

A través dos tempos, a través da historia, milleiros de mans humildes e traballadoras foron erguendo o solar do noso concello. Un solar con lindeiro pero que non só se asenta no chan da nosa xeografía, senón tamén na amplitude dos nosos sentimentos: na voz que nos agarimou e que nos viu medrar, nos amigos que compartimos, nos que siguen a ter o seu corazón no noso pobo, no berro co que pedimos paz e traballo.

O que boga nos mares de Razo e Baldaio, o que laborea na cortiña, aquel que escribe, aquel que canta, quen pon o lombo na tarefa e quen pon o sentido no que pensa, un a un traballamos para que se consiga a mellora do noso solar, a mellora do que queremos.

Fornos de pan foron cocendo o molete que nos identifica, e foron os cesteiros de Entrecruces, os albardeiros, os canteiros, os ferreiros e os comerciantes pondo pedra a pedra, día a día, construíndo todo o que nos conmove e que chamamos Carballo.

Benvidos pois ás nosas páxinas, visita que agradezo.

D. Evencio Ferrero Rodríguez Alcalde de Carballo

Variación dun texto de Avilés de Taramancos.


Ligazóns relacionadas

Buscador:


Evencio Ferrero, alcalde de Carballo

Propoñemos

Liña directa co alcalde

© Concello de Carballo, 2009