10:00 O Fórum acolle a celebración do curso "Estratexias cidadás para os tempos da crise", organizado pola Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSA) da Universidade da Coruña (UDC) coa colaboración do Concello de Carballo. Entre o 2 e o 6 de xullo está prevista a celebración de conferencias no auditorio da nave 1 do Fórum entre as 10.00 e as 14.00 horas, mentres que pola tarde está prevista a realización de traballo de campo de 16.00 a 19.00 horas. Para obter máis información, premer aquí.
12:00 A Casa do Concello acolle a partires das 12.00 horas a presentación en rolda de prensa dunha proba de Autocross que se celebrará proximamente no Circuíto Municipal de Bértoa. Está prevista a presenza do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; do Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; e de membros da organización.
© Concello de Carballo, 2009