Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Axenda institucional: 4 de maio 2012

Axenda do Concello

A Unidade Móbil da Inspección Técnica de Vehículos (ITV) visita o Concello de Carballo

09:00 A Unidade Móbil da Inspección Técnica de Vehículos (ITV) visita o Concello de Carballo os días 2, 3 e 4 de maio. Atenderá os vehículos lixeiros (masa menor ou igual a 3.500 kg) incluídos os agrícolas (vehículos sen carga). O horario é de 9.00 a 13.30 horas e de 15.30 a 18.00 horas, excepto o venres 4 en que o horario é de 9.00 a 13.30 horas. A ITV estará situada no polígono industrial de Bértoa a carón do campo de fútbol As Eiroas. Asignarase día e hora de atención ao público directamente na unidade móbil desde o primeiro día de chegada á vila ou no teléfono 881 920 977.

Axenda do Concello

Rolda de prensa para presentar os asuntos da sesión plenaria extraordinaria do 7 de maio

12:00 A Casa do Concello acolle a partires das 12.00 horas unha rolda de prensa na que se dará conta dos asuntos incluídos na orde do día da sesión plenaria extraordinaria que ten lugar o luns día 7 de maio a partires das 20.30 horas. Está prevista a presenza do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e da Tenente de Alcalde, Milagros Lantes.

Axenda do Concello

Presentación das actividades da Semana do Libro e a Lectura de Carballo

17:00 O Pazo da Cultura acolle a partires das 17.00 horas a presentación dunha nova edición da Semana do Libro e a Lectura, que terá lugar entre o 7 e o 13 de maio. Está prevista a presenza na rolda de prensa do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; da Concelleira de Educación e Cultura, Mar Eirís; do presidente da AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega), Xoán Costa; e de Francisco Felípez, director da oficina de La Caixa en Carballo.

Axenda do Concello

Recepción na Alcaldía do Ifecgás Pereira Xiria e dos xogadores júnior do Club Baloncesto Artai

17:45 O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, recibe na Casa do Concello aos xogadores do Ifecgás Pereira Xiria, que veñen de vencer o Sector zonal do Campionato de España de Balonmán en categoría Xuvenil Masculina meténdose entre os oito mellores equipos de España. Ferrero tamén recibe aos xogadores júnior do Club Baloncesto Artai, que veñen de ascender á Liga Galega. Os equipos estarán acompañados dos seus adestradores, Fernando Vázquez e Joaquín Moreira, respectivamente. Tamén está prevista a presenza do Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo.

Buscador:


<< 2012 >>
<< maio >>
L M M X V S D
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

© Concello de Carballo, 2009