10:30 Os alumnos e alumnas de 2º de Primaria do CEIP Fogar realizan unha visita guiada ao Concello de Carballo co obxecto de coñecer o seu funcionamento e coñecer dependencias como a Comisaría da Policía Local, Servizos Sociais ou a Alcaldía. A cita comeza ás 10.30 horas e está previsto que os cativos e cativas sexan recibidos polo Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.
12:00 A Casa do Concello acolle a partires das 12.00 horas unha rolda de prensa na que se dará conta dos asuntos incluídos na orde do día da sesión plenaria ordinaria de maio, que ten lugar o luns día 28 a partires das 20.30 horas. Está prevista a presenza do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e da Tenente de Alcalde, Milagros Lantes.
13:00 A Casa do Concello acolle a partires das 13.00 horas a presentación do Festival Sereas e Piratas que se celebra na praia de Razo os días 21 e 22 de xullo. Está prevista a presenza do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, así como de membros da Asociación 13 Lagartos, organizadora da actividade. O festival inclúe citas deportivas durante o día con actividades como volei praia ou surf e dous concertos pola noite.

18:00 A entrada da nave 1 do Fórum Carballo acolle dende o domingo 20 e até o sábado 26 de maio unha esposición para conmemorar o 25 aniversario da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. Na mostra exhíbense imaxes, vídeos e, sobre todo, grande parte do material que emprega Protección Civil nos seus labores de rescate. Así, hai dende unha zodiac e unha moto de auga, ata material para apagar lumes no monte ou para axudar en toda clase de accidentes. O horario de visitas para o público en xeral é de 18.00 a 20.00 horas, excepto o sábado 26, en que é de 12.00 a 14.00 horas.
© Concello de Carballo, 2009