10:00 O Acalde de Carballo, Evencio Ferrero, asiste no recinto do Fórum Carballo ao acto de apertura das Xornadas conmemorativas con motivo do 25 aniversario da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, que se desenvolven entre o domingo 20 e o sábado 26 de maio. Para obter máis información, premer aquí.
13:30 Representantes da corporación carballesa celebran unha sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, que ten lugar na Casa do Concello a partires das 13.30 horas. Entre os asuntos da orde do día destaca a aprobación de dous convenios: un coa Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Santiago Apóstolo de Ciencias Sociais para a realización no Concello de prácticas de Traballo Social; e outro coa Universidade da Coruña para a realización de prácticas de estudantes da Facultade de Economía e Empresa.

18:00 A entrada da nave 1 do Fórum Carballo acolle dende o domingo 20 e até o sábado 26 de maio unha esposición para conmemorar o 25 aniversario da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. Na mostra exhíbense imaxes, vídeos e, sobre todo, grande parte do material que emprega Protección Civil nos seus labores de rescate. Así, hai dende unha zodiac e unha moto de auga, ata material para apagar lumes no monte ou para axudar en toda clase de accidentes. O horario de visitas para o público en xeral é de 18.00 a 20.00 horas, excepto o sábado 26, en que é de 12.00 a 14.00 horas.
© Concello de Carballo, 2009