09:00 A Unidade Móbil da Inspección Técnica de Vehículos (ITV) visita o Concello de Carballo os días 2, 3 e 4 de maio. Atenderá os vehículos lixeiros (masa menor ou igual a 3.500 kg) incluídos os agrícolas (vehículos sen carga). O horario é de 9.00 a 13.30 horas e de 15.30 a 18.00 horas, excepto o venres 4 en que o horario é de 9.00 a 13.30 horas. A ITV estará situada no polígono industrial de Bértoa a carón do campo de fútbol As Eiroas. Asignarase día e hora de atención ao público directamente na unidade móbil desde o primeiro día de chegada á vila ou no teléfono 881 920 977.
10:00 Persoal sanitario do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) desprázase ata a Praza do Concello de Carballo para realizar unha campaña de doazón. A Unidade Móbil estará estacionada en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas o mércores 2 e o xoves 3 de maio. O Goberno local anima aos veciños e veciñas a que participen nesta campaña.
17:00 A Casa do Concello acolle a partires das 17.00 horas a presentación en rolda de prensa da Fase Final do Campionato Infantil Feminino de Voleibol que se celebra en Carballo o sábado 5 de maio no Pavillón Vila de Noia. Está prevista a presenza do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; do Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; e de membros da organización da cita.
20:30 O Pazo da Cultura de Carballo acolle a inauguración da exposición "Nicaragua: unha realidade viva", do Fondo Galego de Cooperación, entidade coa que colabora o Concello. A mostra reúne as imaxes tomadas polo recoñecido fotógrafo vilagarcián Eduardo J. Castro no marco do proxecto "A formación sociosanitaria como vía de desenvolvemento" que levou a cabo a ONG Solidariedade Galega co cofinanciamento do Fondo nos municipios de Ocotal (Nueva Segovia) e Puerto Cabezas (Región Autónoma del Atlántico Norte). Está prevista a presenza na cita do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero e de membros da corporación carballesa.
© Concello de Carballo, 2009