Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Ver localización

Programa de educación familiar

O Concello de Carballo pon a disposición da veciñanza o Programa de Educación Familiar co obxectivo de prestar unha atención global ás familias en risco de exclusión social e aos menores ao seu cargo. 

Deste xeito proporciónaselles ás familias usuarias, mediante a atención das diferentes problemáticas que se poidan dar nos ámbitos de convivencia familiar e social, os medios necesarios para o desenvolvemento integral das súas funcións e das súas capacidades, fortalecendo o sistema familiar e mellorando a calidade de vida de todos os seus membros, e en especial dos e das menores a cargo.

Compartir: