Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Entidades do ámbito social formaron un X humano para presentar a campaña polo X Solidario na declaración da renda

Venres 21 de abril do 2023

A Praza do Concello de Carballo converteuse un ano máis no escenario da presentación da campaña polo X Solidario na declaración da renda, unha iniciativa á que se sumaron nesta ocasión Íntegro, Apem, Afaber, Xunta Local da AECC, Cruz Vermella, Vieiro e Domus Vi, e á que tamén foi convidado o alcalde, Evencio Ferrero.

Representantes e usuarios/as das sete entidades formaron un X humano como símbolo da campaña. Ao remate procederon á lectura dun manifesto conxunto no que convidaron aos contribuíntes a marcar a casiña “Actividades de interese social” para contribuír, co 0,7% dos nosos impostos, á realización de programas e proxectos para as persoas en risco de exclusión que máis o precisan. As entidades volveron a pedir tamén á Xunta de Galicia “que reduza a burocracia o máximo posible e unifique todas as convocatorias nunha soa”.

Compartir: