Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

A Concellaría de Igualdade, Benestar e Sanidade apoia con 60.000 euros 13 proxectos doutras tantas entidades sociais

Martes 29 de novembro do 2022

A Concellaría de Igualdade, Benestar e Sanidade subvenciona 13 proxectos promovidos por outras tantas entidades sociais cunha achega de 60.000 euros, que supón máis do 66% do orzamento global. Grazas ao apoio do Concello de Carballo será posible o desenvolvemento dos seguintes programas:

  • Quéreme ben. Asociación antidroga Vieiro: 7.166,95 €
  • Espazo de busca activa de emprego. Cruz Vermella Carballo: 4.500 €
  • Atención primaria. Cáritas interparroquial de Bergantiños: 5.972,45 €
  • Alcer 7 vidas. Alcer (Asociación de loita contra as enfermidades do ril): 1.958,40 €
  • Webinars, charlas e talleres participativos. Asarga (Asociación sarcomas de Galicia): 5.574,29 €
  • Plan de cobertura de necesidades básicas das persoas en situación de carencia de recursos económicos con residencia no concello de Carballo. Fundación Amigos de Galicia: 4.180,72 €
  • Visibilidade da diversidade. Asociación Íntegro: 3.845,45 €
  • Programa de formación laboral, apoio educativo para a inclusión social, laboral e escolar de nenos, adolescentes, mocidade e adultos. Centro social San Xoán Bautista: 5.176,13 €
  • Proxecto de actividades. Asociación Un paso máis: 3.583,44 €
  • Apoio á autodeterminación e á integración social das persoas con trastorno mental grave. APEM (Asociación pro enfermos mentais): 5.774,38 €
  • Programa educativo. Proxecto Home Galicia: 3.000 €
  • Mantemento da asociación Afaber (Asociación de familiares de enfermos de alzheimer de Bergantiños): 6.768,79 €
  • Programa Estar cerca de ti. AECC (Asociación española de loita contra o cancro): 2.500 €

Ademais das subvencións anuais dirixidas a entidades, dende a Concellaría de Igualdade, Benestar e Sanidade tamén se realiza un apoio directo ás familias a través de distintos programas, entre eles o de axudas para o pagamento do subministro enerxético, das que se beneficiaron na convocatoria deste ano un total de 118 familias do noso concello; para casos de emerxencia social (pagos de recibos, transporte, sepelios...), ou vales de alimentos, que este ano incrementáronse ata un 50% para contribuír a que as familias con menos recursos poidan facer fronte ao encarecemento do prezo da vida.

Dende a Concellaría de Igualdade, Benestar e Sanidade lembramos á veciñanza que ante calquera necesidade que teña ou poida coñecer, pode achegarse ao edificio de Servizos Sociais (xunto ao centro de saúde) ou chamar ao teléfonos 981704100.

Compartir: