Axenda
Do mércores 29 de xuño ata o xoves 30 de xuño do 2022
Mércores de 16 a 20h - Xoves de 11 a 14; 16 a 20h na Praia de Razo
euqueroRB
Apúntate a restaurar a Píllara, o 29 e 30 de xuño no campo de Razo, haberá un obradoiro impartido por Idoia Cuesta.
Sábado 2 de xullo do 2022
De 10:30 h a 13:30 h no aparcadoiro da Praia de Baldaio
euqueroRB
Achegamento á avifauna de Baldaio: Roteiro interpretativo dirixido á observación e identificación das especies presentes no espazo natural protexido.
Domingo 3 de xullo do 2022
Todo o día - Bosque do Añón
Cultura
Mércores 6 de xullo do 2022
De 10:30 h a 13:30 h no Espazo de natureza de Oza
euqueroRB
Ruta itinerante de carácter interpretativo en bus, pasando poos lugares de interese cultural máis importantes das parroquias de Oza, Razo, Lema, Rebordelos, Noicela e Vilela.
Do sábado 9 de xullo ata o domingo 10 de xullo do 2022
De 10:30 h a 13:30 h no Espazo de natureza de Oza
euqueroRB
Dúas xornadas para o achegamento básico ás especies máis salientables da nosa fauna autóctona a través de métodos non invasivos como o estudo das pegadas e indicios que nos van deixando os animáis.
Mércores 13 de xullo do 2022
10:30 - 13:30horas - Parking praia de Razo
euqueroRB
Achega e descuberta das pozas de marea, microhábitats costeiros que acollen unha interesante biodiversidade; peixes, crustaceos, algas, etc.
Mércores 20 de xullo do 2022
De 10:30 h a 13:30 h no aparcadoiro da Praia de Baldaio
euqueroRB
Actividade para a eliminación de especies exóticas invasoras presentes en Razo Baldaio prestando especial interese a aquelas especies que poidan ser máis perxudiciais para o ecosistema.
Mércores 27 de xullo do 2022
De 22:00 h a 01:00 h no aparcadoiro da praia de Baldaio
euqueroRB
Descuberta do abraiante mundo das bolboretas nocturnas: Identificación e observación das especies presentes no espazo natural de Baldaio, mediante a posta en práctica de técnicas de estudo baseadas na luz.
Mércores 3 de agosto do 2022
De 18:30 h a 21:30 h no aparcadoiro da Praia de Baldaio
euqueroRB
Baldaio áchase coma un espazo natural chea de vida, no que crecen , repousan, se alimentan e crían unha gran variedade de especies, que merecen ser coñecidas e respetadas.
Sábado 6 de agosto do 2022
10:30 - 13:30horas - Parking praia de Baldaio
euqueroRB
Xornada para concienciar á cidadanía da problemática do lixo mariño, os plásticos no mar e nomeadamente os microplásticos.
Sábado 13 de agosto do 2022
De 22:30 h a 01:30 h no Espazo da Natureza de Oza
euqueroRB
Andaina nocturna que terá como marco a paisaxe noctura da costa dende Monte Neme e o achegamento básico a elementos salientables que saen na noite, como as estrelas, os anfibios. Visitaremos a Eira das Meigas.
Venres 19 de agosto do 2022
Baldaio
euqueroRB
Dende a Ponte de Baldaio, os participantes poderán recibir as nocións básicas para poder desfrutar de observación das estrelas.