Inicio Carballo ao día Axenda "O mariscal", concerto do Grupo de...

"O mariscal", concerto do Grupo de Música Antiga 1500

Venres 24 de novembro do 2017 21 horas - Auditorio do Pazo da Cultura Cultura

O programa de concerto do Grupo de música antiga 1500 propón, no ano da conmemoración dos 100 anos da creación das Irmandades da Fala, unha volta atrás do mito á esa realidade tan interesante, complexa e intensa da historia da Galicia da segunda metade do século XV. Partindo dunha adaptación e contrafacta do Pranto pola Frouxeira, sobre música de Juan del Encina, de comezos do século XVI, preséntanse uns bloques que pretenden recrear musicalmente diversos aspectos dese intre histórico no que viviu e foi protagonista destacado Pero Pardo de Cela.

A prestixiosa formación actuará este venres 24, ás 21 horas, no auditorio do Pazo da Cultura. A entrada é libre ata completar aforo e de balde. O concerto O Mariscal forma parte do programa Novembro con Música, organizado polo Concello de Carballo, e que conta neste caso coa colaboración da Deputación da Coruña.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D