Inicio Carballo ao día Axenda Exposición fotográfica "A rapa...

Exposición fotográfica "A rapa das bestas", de José López "Jolope"

Do xoves 16 de novembro ata o domingo 17 de decembro do 2017 17 a 21 horas - Andar -1 do Pazo da Cultura Cultura

Do 16 de novembro ao 17 de decembro estará aberta no andar -1 do Pazo da Cultura a exposición fotográfica "A rapa das bestas", que reúne 22 imaxes captadas polo fotógrafo José López "Jolope"  (Touro, 1950) nos curros de Amil (Moraña), Candaoso (Viveiro) e Sabucedo (A Estrada). 

A exposición consta de fotografías en branco e negro e a cor que tentan resumir as accións propias dun curro, acompañadas doutras que amosan a beleza, bravura e plasticidade, así como as características do cabalo de raza galega.

José López é mestre de profesión a autodidacta afeccionado á fotografía desde os 15 anos. Nos anos 80 intensificou esa afección coa asistenci a cursos, charlas e actividades formativas con profesionais de prestixio. Nesa década chegaron tamén os primeiros de moitos premios. O seu traballo conta con recoñecementos en toda España, e tamén en Carballo gañou en cinco ocasións o Premio Especial Carballo do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís.

A exposición estará aberta de luns a domingo de 17 a 21 horas.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D