Inicio Carballo ao día Axenda "Nanocontos", contacontos para...

"Nanocontos", contacontos para bebés con Raquel Queizás

Mércores 25 de outubro do 2017 17 e 18.30 horas - Salón de actos do Pazo da Cultura Lingua

Un espectáculo que estimula as habilidades de percepción espacial e psicomotricidade dos bebés a través de pequenas historias que captan o seu interese e atención, que fan que poidan reinventar o mundo coa mirada que o ve todo por primeira vez, abraiándose a cada paso mentres aprenden novos nomes para as cousas que acaban de descubrir.

Participación: dirixido a bebés de 0-3 anos. Poden participar un máximo de 25 familias por orde de inscrición en cada unha das sesións. Inscrición previa de balde desde o día 18 de outubro no Servizo de Normalización Lingüística ou no enderezo electrónico nelvidal@carballo.gal.

Organiza: Concello de Carballo - Servizo de Normalización Lingüística

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D