Inicio Carballo ao día Axenda Carballo na Memoria chega á parroquia de...

Carballo na Memoria chega á parroquia de Rebordelos

Xoves 23 de novembro do 2017 20.30 horas - Antiga escola de Noicela Participación veciñal Consellos Parroquiais

O Concello de Carballo impulsa o proxecto Carballo na Memoria cunha rolda de xuntanzas en todas as parroquias coa finalidade de recuperar a memoria colectiva do noso municipio. A primeira reunión terá lugar na antiga escola de Noicela, onde están citados todos os veciños e veciñas da parroquia de Rebordelos para que acheguen as súas fotografías para ser escaneadas o mesmo día e que entren a formar parte do arquivo municipal. As imaxes que se dixitalicen tamén lles serán entregadas aos seus propietarios nun USB para que duren anos e sen deteriorarse.

As persoas que o desexen tamén poderán levar as fotos ao Museo de Bergantiños. Para máis información, 981 757 815 ou projects@phottic.com.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D