Inicio Carballo ao día Axenda "O show de Willy Pomper", un...

"O show de Willy Pomper", un espectáculo de pompas de xabón xigantes

Sábado 24 de xuño do 2017 19 horas - Praza do Concello Cultura San Xoán 2017

Willy Pomper, o mago das burbullas, amosará aos asistentes un mundo máxico cheo de cores e fantasía. Realizará un marabilloso espectáculo de burbullas Pomper ao aire libre, con pompas de moitos tamaños, formas e cores, que voarán no ceo, ao ritmo do vento e da música.

Empezará con pompas pequeniñas como formiguiñas, e cada vez faraas máis e máis grandes: pompas medianas, grandes e xigantes. Trucos con fume e efectos especiais. Pompas dentro de pompas, refachos e arcoiris... deleitarán a todos os asistentes. Cunha banda sonora orixinal, Willy Pomper sorprenderá a todos os asistentes coas súas marabillosas creacións de arte efémera. Un divertidísimo espectáculo, no que os protagonistas serán os nenos e as impresionantes megaburbullas de Pomper.

Compartir:


- 2021 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
11
13
15
17
19
20
21
22
29
30