Inicio Carballo ao día Axenda A III Classic Car reúne a afeccionados aos...

A III Classic Car reúne a afeccionados aos vehículos clásicos

Domingo 11 de xuño do 2017 9 a 21 horas - Saída de Conservas Calvo Cultura San Xoán 2017

A Classic Car volve a formar parte do programa das festas de San Xoán na súa terceira edición, que se celebra este domingo 11 durante todo o día.

O punto de encontro será a fábrica de Conservas Calvo a partir das 9 horas. Ás 10.15 sairán os participantes para facer un percorrido polas rúas de Carballo antes de dirixirse cara Caión, onde farán unha parada. Dende a vila mariñeira continuarán por A Laracha en dirección a Vilar de Francos, onde se celebrará o xantar arredor das 14 horas. 

Xa pola tarde, ás 16.45 porán de novo rumbo a Carballo para deixar os vehículos en exposición na Praza do Concello e nas rúas da contorna ata as 21 horas. Ao longo da tarde tamén haberá sorteos e música con DJ Frank Fairiane.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D