Inicio Carballo ao día Axenda Espectáculo infantil "As...

Espectáculo infantil "As parábolas de Pakolas"

Mércores 7 de xuño do 2017 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Lingua

Pakolas interpreta en directo unha escolla dos seus temas propios para público infantil, con música xirando en torno ao rock e outros estilos que entusiasman a cativos e a cativas, e con letras sempre axeitadas para peques. O eixo fundamental radica na combinación das cancións coas historias e contos que nelas se recollen, cunha mensaxe final, e que forma así no conxunto, unha fermosa “parábola” musical da que aprender e na que pensar.

Participación: dirixido a nenos e nenas de 3 a 8 anos. Recollida de entradas na Biblioteca Rego da Balsa a partir do mércores 31 de maio (horario de 10.30 h a 20.30 h). Prazas limitadas. Daranse un máximo de dúas entradas por persoa (só precisan entrada os/as nenos/as). Número máximo de acompañantes por nen@: 1 (que accederá sen entrada).

Organiza: Biblioteca Rego da Balsa do Concello de Carballo, no marco do programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4