Inicio Carballo ao día Axenda A Asociación Cultural Nemeth celebra o...

A Asociación Cultural Nemeth celebra o Día da Muiñeira

Domingo 4 de xuño do 2017 18 horas - Praza do Concello Cultura

O XXXVI Día da Muiñeira, organizado pola Asociación Cultural Nemeth coa colaboración do Concello de Carballo, será o máis participativo dos últimos anos, cun total de 452 bailarins e bailarinas de 17 entidades: AC Nemeth, AC O Candíl de Sísamo, AC San Campio de Cances, AC Xiradela de Arteixo, AC Donaire da Coruña, AC Raigañas de Cerqueda (Malpica), AC Xacarandaina da Coruña, AC San Martiño de Razo, SCF Veiga de Cotón de Negreira, AC Terras de Ames de Bertamiráns, AC Semente Nova de Perillo (Oleiros), AC Inllar do Couto (Ponteceso), AC Sta. María de Torás da Laracha, AC Fol de Neaño (Malpica), AC Terra de Sena de Cee, AC Ancoradoira do Burgo (Culleredo) e a AC Brisas do Quenllo da Pontraga (Tordoia).

As agrupacións reuniranse no aparcadoiro do Centro Comercial Bergantiños ás 17 horas e ás 17.30 horas desfilarán polas rúas de Carballo ata a Praza do Concello.

Os participantes bailarán a “Muiñeira de Trasmonte”. Ao remate haberá unha meraenda, agasallos e actuacións.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4