Inicio Carballo ao día Axenda Carballo por Etapas volve esta fin de semana a 18...

Carballo por Etapas volve esta fin de semana a 18 establecementos

Do venres 2 de xuño ata o domingo 4 de xuño do 2017 Venres, 20 a 22 h / Sábado e domingo, 12 a 14 e 20 a 22 h

A Barra Bar, A Cervecería de Luis, A Nova Ferradora, Cerveceria A Tapería (antes Cafés A Cafeteira), cafetería Abastos, café bar Embajador, cafetería bar Ginebra, cafetería Habanos 79; cervecería Ágora, cervecería Dublín, cervecería La Bombonera, mesón A Cabaña, mesón As Viandas, restaurante El Hórreo, restaurante Mesón do Pulpo, restaurante vinoteca A de Pako, taberna O Mexillón e trattoría pizzería Vesuvio son os 18 establecementos que participan en Carballo por Etapas, que volve esta fin de semana con tapas elaboradas con produtos de Bergantiños. 
As tapas véndense a 1,5 euros, e con cada unha a clientela recibirá un boleto tipo rasca co que poderá conseguir premios directos.

O tren turístico iniciará o venres pola tarde o seu percorrido polos 18 locais, situados en distintos puntos do casco urbano. 

Organizan: Concellaría de Promoción Económica do Concello de Carballo e Axober.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4