Inicio Carballo ao día Axenda Cafés con cooperantes da Cruz Vermella,...

Cafés con cooperantes da Cruz Vermella, hoxe con Roberto Mallo Souto

Mércores 24 de maio do 2017 19.30 h - Andar 0 Pazo da Cultura Cultura

Cruz Vermella quere achegar o mundo da cooperación internacional á poboación galega e puxo en marcha a iniciativa “Cafés con cooperantes”. Trátase dun ciclo de faladoiros con delegados e voluntarios tanto de Cruz Vermella como doutras organizacións que realizan o seu labor en países en conflito ou en vías de desenvolvemento. O invitado de hoxe é Roberto Mallo Souto.

Roberto Mallo é enxeñeiro técnico industrial e experto en auga, saneamento e hixiene. Falará das misións nas que participou en diferentes países do mundo como Líbano ou Tanzania. Nunha das máis recentes foi como, membro do Comité Internacional de Cruz Vermella (CICR), en Sudán do Sur. Roberto é natural de Carballo.

A Cruz Vermella convídavos a compartir un café con el e descubrir en que consiste o seu labor, anécdotas e curiosidades do traballo en terreo. A cita é no Pazo da Cultura.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D