Inicio O Concello Axenda institucional Sinatura dun convenio de colaboración...

Sinatura dun convenio de colaboración entre os concellos de Carballo e Cabana de Bergantiños

Xoves 4 de maio do 2017 12.45 horas - Alcaldía

Os alcaldes de Carballo, Evencio Ferrero, e Cabana de Bergantiños, José Muíño, asinan un convenio de colaboración para a cesión, por parte do Concello de Cabana, do seu tren turístico ao Concello de Carballo para a súa utilización durante a celebración de Carballo por Etapas. A ruta de tapas, que se celebrará a última fin de semana de maio e e primeira de xuño, está organizada pola Concellaría de Promoción Económica e Axober.

Compartir: