Inicio Carballo ao día Axenda Exposición "Asunción,...

Exposición "Asunción, María e José. Xente anónima con nome propio", de Marcos Rodríguez

Do venres 24 de marzo ata o domingo 23 de abril do 2017 17 a 21 horas - Andar -1 do Pazo da Cultura Cultura

En "Asunción, María e José. Xente anónima con nome propio", o fotógrafo carballés Marcos Rodríguez amósanos nove anos de traballo percorrendo casas e costumes da veciñanza da Costa da Morte, captando as experiencias da vida a través dos rostros dos seus protagonistas, homes e mulleres da nosa comarca. Entre eles, María e José, protagonistas da fotografía gañadora do Certame Xosé Manuel Eirís na edición 2010, ou a Rexubeira de Bergantiños, Asunción Antelo, recentemente falecida. A mostra convértese nunha homenaxe aos nosos maiores.

A exposición será inaugurada o venres 24 de marzo, ás 20 horas, no andar -1 do Pazo da Cultura.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4