Inicio Carballo ao día Axenda Exposición "Galicia-Cabo Verde: unha...

Exposición "Galicia-Cabo Verde: unha irmandade" do Fondo Galego de Cooperación

Do luns 21 de novembro ata o venres 9 de decembro do 2016 Pazo da Cultura - De 17.00 a 21.00 h.

Exposición Galicia-Cabo Verde: unha irmandade

Unha das imaxes da mostra

A sala de exposicións do andar -1 do Pazo da Cultura acolle a mostra "Galicia-Cabo Verde: unha irmandade", unha escolma de imaxes que o fotógrafo Rober Amado realizou durante a súa viaxe a Cabo Verde. Rober Amado, coma gañador do certame Imaxes con Fondo 2012, emprendeu en outubro de 2013 unha viaxe dun mes por 6 das 10 illas que compoñen Cabo Verde, visitando os principais proxectos apoiados polo Fondo Galego de Cooperación nos 11 anos de cooperación coa Asociación Nacional de Municipios de Cabo Verde. De aí saíu esta mostra con 20 paneis que recollen información sobre a situación de Cabo Verde, así como as imaxes realizadas por Rober Amado.

A cita está oranizada polo departamento de Servizos Sociais do Concello xunto co Fondo Galego de Cooperación e poderá visitarse entre o 21 de novembro e o 9 de decembro de luns a venres de 17.00 a 21.00 horas.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4