Inicio Carballo ao día Axenda Presentación da campaña de...

Presentación da campaña de celebración do 25 aniversario do FIOT Carballo

Venres 29 de xullo do 2016 Casino de Carballo - 20.30 h. Cultura

25 aniversario do FIOT Carballo

25 aniversario do FIOT Carballo

O Concello de Carballo informa de que a Asociación Cultural Telón e Aparte, organizadora do FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro) convoca aos seus socios e socias á sesión ordinaria da Asamblea Xeral que terá lugar no Casino de Carballo, ás 19.30 horas. Nesta reunión a directiva da asociación presentará un avance das liñas xerais da programación da XXV edición do Festival Internacional Outono de Teatro 2016, a campaña de captación de novos socios e as condicións para adquisición de bonos nesta edición, entre outros temas.

A continuación, ás 20.30 horas, presentarase a Precampaña de celebración do 25 aniversario do FIOT, na que participan cidadáns e cidadás coa súa imaxe celebrando os seus propios aniversarios co festival, xa que o máis importante é o público, as xentes de Carballo, as persoas que fan grande o FIOT.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4