Inicio Carballo ao día Axenda O ciclo dos elementos con María...

O ciclo dos elementos con María Reimóndez

Domingo 24 de xullo do 2016 Xardín Municipal - 21.00 h. Lingua

María Reimóndez

María Reimóndez

Conversa arredor dos libros A música dos seres vivos, Dende o conflito e En vías de extinción (Ed. Xerais), de María Reimóndez, con concerto de Canalé Cafuné. María Reimóndez Meilán, nada en Lugo no 1975, é unha tradutora e escritora galega. Cultiva tanto a narrativa e a poesía coma o ensaio e o teatro.

É tamén fundadora da organización de cooperación internacional Implicadas/os no Desenvolvemento, da que foi presidenta ata 2013, amais de fundadora da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación, sendo ela mesma tradutora e intérprete de profesión.

A partir das 21.00 horas.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4