Inicio Carballo ao día Axenda O Mago Xacobe presenta Feitizos e Abraios no...

O Mago Xacobe presenta Feitizos e Abraios no Verán Cultural

Venres 22 de xullo do 2016 Praza do Concello - 22.30 h. Cultura

Mago Xacobe

O Mago Xacobe nunha actuación

Queres divertirte mentres te sorprenden con incribles trucos de maxia? O Mago Xacobe regresa ao escenario carballés co espectáculo Feitizos e Abraios, un show familiar no que poderán gozar de xogos sorprendentes, moi cómicos e no que o público participará tamén nas grandes ilusións que farán a delicia dos presentes.

Este mago santiagués conta cunha dilatada experiencia como profesional de ilusionismo e como produtor de festivais e espectáculos, e as súas propostas fan que o público de todas as idades sexan os
protagonistas en todo momento.

A cita, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, é na Praza do Concello a partir das 22.30 horas.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4