Inicio Carballo ao día Axenda Concerto infantil Vaioviravai

Concerto infantil Vaioviravai

Venres 22 de xullo do 2016 Xardín Municipal - 18.30 h. Lingua

Vaioviravai

Oviravai

A Praza dos Libros acolle o concerto infantil de Oviravai a partir do libro-disco As andanzas de Paio (Ed. Galaxia). Oviravai é unha compañía de desenvolvementos culturais dirixidos ao público infantil. As andanzas de Paio é o primeiro traballo da compañía, un libro CD que forma parte da colección Sonárbore da Editorial Galaxia. Nel abórdanse as cores, as estacións, a linguaxe extranxeira, as vogais, os contrarios, os animais...

O libro tamén presta especial atención á transmisión de valores sociais como a amizade, a solidariedade, o traballo en equipo ou o coidado do planeta. Todo iso, a través de orixinais e divertidas cancións e historias que conta o teixugo Paio ao voltar dunha viaxe.

A partir das 18.30 horas.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4