Inicio Carballo ao día Axenda Volei-praia para todas as idades na praia de Razo

Volei-praia para todas as idades na praia de Razo

Do venres 1 de xullo ata o mércores 31 de agosto do 2016 Explanada de Razo - De 16.00 a 20.00 h. Deporte

Volei-praia Razo 2016

O Concello de Carballo e Carballo Deporte organizan en colaboración coa Asociación Deportiva Cultural Volei-praia Costa da Morte a actividade de Volei-praia Razo 2016, nunha aposta polo deporte máis practicado nas praias de todo o mundo. Esta iniciativa, que xa é todo un clásico no areal carballés, pon a disposición de todos os visitantes redes para xogar todos os días dende as 16.00 ata as 20.00 horas.

Ademáis, de luns a venres, de 17.00 a 18.00 horas, terán lugar as Pequescolas e as Escolas de voleipraia para todas as idades nas que os máis pequenos e pequenas poden gozar cos diferentes xogos, e os mais maiores poden perfeccionar a técnica ou iniciarse no mundo do voleipraia.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4