Inicio Carballo ao día Axenda II Festifolk Costa da Morte - Concello de Carballo

II Festifolk Costa da Morte - Concello de Carballo

Sábado 9 de xullo do 2016 Praza do Concello e rúas de Carballo - 21.00 h. Cultura

Xabier Díaz

Xabier Díaz

O Concello de Carballo, a Fundación Luís Calvo Sanz e La Voz de Galicia colaboran para celebrar a segunda edición do Festifolk Costa da Morte. A partir das 21.00 h. as rúas de Carballo e a Praza do Concello acollen un desfile con grupos de gaiteiros de toda a Costa da Morte ao ritmo de foliadas,
muñeiras, xotas, etc.

Logo, a partir das 22.00 h., o palco da Praza do Concello acolle o concerto de Pepe Vaamonde e de Xabier Díaz coas Adufeiras de Salitre. Os sons da gaita e da música tradicional galega tamén son os protagonistas do espectáculo nocturno. Pepe Vaamonde presenta o seu novo proxecto musical Nas
Pedras do Lar, un espectáculo baseado na contundencia e forza da música folk galega, que se mestura cunha chea de novos sabores sonoros.

E para rematar o Festifolk gozaremos de Xabier Díaz, que no seu novo traballo The Tambourine Man, rodéase das Adufeiras de Salitre, un grupo de percusionistas e cantoras de música popular. Xuntos montarán unha gran foliada demostrando que a tradición non esmoreceu e que queda sitio para o baile e o aturuxo, etc.

Como todas as citas do Verán Cultural, as actuacións son de balde.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4