Inicio Carballo ao día Axenda A Unidade Móbil do Centro de...

A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia visita Carballo nunha campaña de doazón

Do xoves 7 de xullo ata o sábado 9 de xullo do 2016 Praza do Concello - De 10 a 14 e de 16 a 21 h.

Doazón de sangue

O autobús estará na Praza do Concello

O Concello de Carballo informa de que unha Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia visita o municipio nunha campaña de doazón. Está previsto que o autobús estea estacionado na Praza do Concello o xoves 7 e o venres 8 de xullo en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas; e o sábado 9 de xullo en horario de 10.00 a 15.00 h.

O Concello anima a todos os veciños e veciñas a que participen nesta campaña, xa que o xesto solidario dos cidadáns permitirá acadar o obxectivo de conseguir 500 doazóns de sangue ao día en Galicia.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4