Inicio Carballo ao día Axenda Torneo de Hóckey a Patíns 3x3...

Torneo de Hóckey a Patíns 3x3 Carballo

Do venres 1 de xullo ata o domingo 3 de xullo do 2016 Pavillón Carballo Calero - Todo o día Deporte

Torneo de Hóckey a Patíns 3x3 Carballo

Un total de 250 xogadores e xogadoras de 55 equipos compiten durante tres días no torneo de hóckey a patíns 3x3 Carballo. Serán sete categorías para a primeira edición desta competición con Sub 12, Sub 14, Sub 17, Absoluto, Feminino, Veteranos e Pro. Hai que subliñar nesta última categoría a presenza de figuras como: Jacobo Mantiñán, Willy Domínguez, César Carballeira, Fran Otero, Pablo Togores, Toni Pérez, Juan Fariza, Jacobo García, Martín Payero, Neto Barrós, Adrián Candamio, Martín Rodríguez, Pablo Cancela, Chino Miguélez, Gonzalo Pérez ou Joan Grasas.

Durante o torneo, ademais de moito hóckey, tamén haberá animación, agasallos ou actuacións musicais para transformar a primeira fin de semana de xullo nunha auténtica festa do hóckey.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4